DIRECTORA·DRAMATURGA·ACTRIZ
hoxe decido ser actriz.
onte decidira ser pirata, antonte
cantante de blues.
hoxe decido ser actriz,
só porque as ondas me marean e
desentoo ao cantar.
actriz para esquecer, pirata para esquecer,
cantante de blues para emborracharme
nas barras dos bares e esquecer.
Temos que vivir, non nos queda outra.
Ou si, pero ese xa é outro tema...
E enchémonos de crenzas,e autoconvencémonos,
e reafirmámonos na nosa marabilla,
e buscamos principios que nos sosteñan,
e pechamos os ollos, e abrimos a boca.
E cando a soidade, a morte, a penuria, a vellez,
ou a fame, estoupan na nosa vista,
aínda temos algo máis que dicir;
algo así como “non nos podemos queixar,
tal e como están os tempos,
non nos podemos queixar.”
Dirección escénica, dramaturxia e actriz : AveLina Pérez
Dirección actoral e Iluminación: Daniel Casquero
Composición musical: Ramón Raíndo
Fotografía : Mar Castro
2011
A QUE NON PODES
DICIR COCACOLA?
Peza en constante transformación
HONEY ROSE
Dirección e dramatrurxia. 2017
2007-2017
LA VIE EN ROSE
Dirección. Texto de Afonso Becerra. 2015
CAMPO DE COVARDES
Dirección. Texto de Vanesa Sotelo. 2015
GAÑAREMOS O PAN COA SUDOR
DA TÚA FRONTE
Dirección, dramatrurxia e actriz. 2014
RECONVERTINDO ESPAZOS
Co-creadora e actriz. 2013
VAGUEDÁS
Dirección e dramaturxia. 2007
OBRAS
2017
OS CANS NON COMPRENDEN
A KANDINSKY
Unha viaxe mental, e minimamente física,
na procura do esquecemento
Un berro sucio.
Un paseo pola banalidade.
Unha viaxe pola non/poesía.
Pola non/teatralidade.
Pola non/beleza.
E a acción desganada e ridícula.
A inacción desganada e ridícula como
alternativa.
A busca dos lugares elevados desde a merda.
É fealdade.
Escuridade
Dirección e dramaturxia: AveLina Pérez
Con: AveLina Pérez, a actriz, Daniel Casquero,
o espectador.
Espazo sonoro construído por Daniel
casquero sobre as Esculturas Sonoras de
Alberte Pagán.
Iluminación. Beatriz de Vega
ÁS OITO DA TARDE, CANDO
MORREN AS NAIS
Premio Álvaro Cunqueiro 2018
O DÍA NO QUE BICAR A TERRA
Premio Abrente 2018
OS CANS NON COMPRENDEN A
KANDINSKY, 2017
Publicado na ERREGUETÉ (Revista Galega
de Teatro) nº91
OS ARROACES SON ANIMAIS SUCIOS E
DESESPERADOS, 2017
Peza de dramaturxia breve, gañadora do I
torneo de dramaturxia de Galicia.2017
Publicada en Madrygal Revista de Estudios
Gallegos, nº20
PUNTO DE VISTA
Peza para Radioteatro, finalista no X Premio
Diario Cultural. Editado pola Consellería de
Cultura. 2017
NON TEÑO ESPELLO NO BAÑO
ALIANZAS
pezas para Radioteatro, premio da
audiencia no Premio Diario Cultural. Editado
pola Consellería de Cultura. 2015 e 2017
EL ARTE DE VIVIR
OBJETIVO PITBULL
Pezas para Radioteatro, primeiro premio en
español do Certame Carlos Pérez Uralde .
Vitoria. 2015 e 2017
EU CONTROLO
Peza para Radioteatro, premio A Pegada do
Eco. 2016
SILENCIO
Peza de dramaturxia breve, primeiro premio
A Pipa de Becerrea. Publicada na Revista
Galega de Teatro nº85
DRAMA
TURXIA
ESCRITA
SOBRE
MIN
DIRECTORA·DRAMATURGA·ACTRIZ
avelinaperezteatro@gmail.com
637 756 146
Diplomada en Educación social, formada en
interpretación na Escola Santart e titulada en
dirección de escena e dramaturxia na ESAD de
Galicia.
Despois de dedicarse profesionalmente, durante
anos, á educación social en contextos de exclusión,
abandona radicalmente a súa profesión e centra o
seu foco nas artes escénicas.
Os cans non comprenden a Kandinsky é a peza que
abre o seu novo proxecto artístico no que
diversifica as propias producións, a escrita teatral e a
impartición de obradoiros.
Acada varios premios en dramaturxia.
Procurando a máxima liberdade nas creacións,
fuxindo das etiquetas e da necesidade de
paradigma definido, interesada pola palabra, cunha
concepción teatral moi ligada ao terreal, ao social,
na busca de converter o cotiá en extracotiá, e
sempre transitando por un humor acedo e duro,
concibe a escena como un lugar de encontro, un
lugar no que a dignidade exista inda que estea
camuflada, agochada, distorsionada, pero sempre
presente.
Fotografía: Manuel Forcadela
O punto de partida desta creación ten lugar hoxe,
agora, cando os referentes se esnaquizan contra o
chan, nun golpe seco, e os varredores de lixo recollen o
lixo nas bolsas para o lixo. Cando o príncipe de
Dinamarca xa non nos salva …"
Dirección, dramaturxia e actriz : AveLina Pérez
Dirección musical e piano en directo: Velpister
Iluminación: Daniel Casquero
2018
DEIXA DE TOCALA, SAM
Unha proposta incompleta.
Un xogo coa indeterminación.
Un xeito de sinalar o fastío.
VÍDEO
TEXTO
Premio Coiro de Pita Sala Ingrávida
DOSSIER
PRENSA
VÍDEO
PRENSA
VÍDEO
DOSSIER
CURRICULUM
O DÍA NO QUE BICAR A TERRA
Premio Abrente 2018